NÓS-UP, ESCÓRIA FASCISTA


[Texto em clave local –quase aldeana. Roga-se aos leitores alheios à misséria da política nacionalista galega que o passem por alto]




O artigo que reproduço a continuação escreveu-no o amigo Viriato no inteligente blogue Galpón de Breogán há um par de anos.


Por aqueles dias El Periódico de Extremadura publicava a seguinte nova: “Un preso independentista gallego intentó ayer una fuga de película”.


Desgraçadamente, esse mal nascido –um tal Ugio Caamanho, o tipo que sai na foto que acompanha com cara de ser o mais inteligente da sua classe - já está outravolta na rua desde o passado mes de Novembro para seguir fazendo o fascista, como fazem os seus comilitões de Nós-UP, herdeiros dos que em Outubro de 1990 assassinaram a uma rapaza e feriram a várias dúzias de pessoas mais colocando uma potente bomba na discoteca “Clangor” de Santiago de Compostela.


Nós-UP é uma organização fascista e, portanto, avondo ánti-semita.


Se vós não sabedes por que lhes adico este post, eles sim que o sabem. Nós-UP, esses heróis...




UGÍO CAAMANHO, O HOME DOS ‘APAÑOS’



Escena 0. Dous días antes do día da Patria Autonómica, 2005.
Ugío Caamanho, patriota galego, sae da súa casa en Santiago DC, disfrazado cunha perruca na cabeza e un petate que fai un forte ruido mecánico (tic-tac, tic-tac, aproximadamente). Inmediatamente, van tras del dous tipos con gabardina, chapeus de ala ancha e gafas de sol. Un deles quita unha lupa do peto e comeza a seguir as pegadas que deixa o protagonista, a pouco menos de cinco centímetros das súas costas. O outro vai detrás, camiñando esaxeradamente sobre as puntas dos pés.

De ahí a un pouco, Ugío chega á Praza de Galicia, métese nun caixeiro de Caixa Ídem e deixa o petate. Comeza a cantar A Foliada das Encrobas, mentres os tipos das gabardinas saltan sobre el, danlle unha malleira e lévano preso.


Escena 1. Día de Reis, 2007.
Ugío Caamanho está nunha cela da penitenciaría de Cáceres. Entretense lanzando unha pelota de pingpong contra a parede e recolléndoa cando rebota. Chega un garda cun paquete de papel de xornal baixo o brazo, no que destaca un titular a cinco columnas: O alcalde de Toques, sorprendido na cama cunha ovella. “Esta é maior de idade”, declara.

Amadeo Sofisma (o garda).- Toma, xaval. Tus amigos esos del Bar Cei te mandan un regalo.
U.C.- Dise ‘Ceivar’, PORCOSSSPAÑOLISTA. ¡Dame!
A. S.- Aquí pone que es un bocata grelos, pero pesa un güebo.
U.C.- Iso é porque é auténtico pan de brona e está cheo de nutrintes, MISERABLE OPRESOR.
A.S.- Si vale, lo que tú digas, chalao.

O patriota desenvolve o bocadillo e pégalle un bo mordisco. Acto seguido, berra de dor e cuspe tres dos seus oito incisivos. Unha enorme lima para metais sobresae agora do bolo de brona.


Escena 2. Día antes do día dos Namorados, 2007.
Ugío Caamaño traballa no seu taller de costura para a reinserción. Presa dun furor estajanovista sen igual, dalle pespunte a unha saba con pequenos Monchos Reboiras bordados. O profesor-vixilante achégaselle.

Genaro Dobladillo (profesor).- Ujío, hijo, es el noveno juego de sábanas que haces esta semana ¿Se puede saber para qué quieres tantas?

U.C.- Som para mandar-lhe á familia, VERME COLONIAL, na Galiza vai frío e temos que tapar-nos bem pela noite, non coma neste deserto ENCHIDO DE COCHOS.

G.D.- ¿Sabe el médico que has dejado de tomar las pastillas, Ujío, hijo?


Escena 3. Noite do Día dos Namorados. 2007.
Ugío Caamanho monologa na súa cela mentres lima os barrotes da fiestra.

U.C.- ¡BWA-HA-HA!¡Treme SSSPAÑA! ¡Ugío Caamanho cedo ha ser ceive para continuar a luita pela independéncia da Galiza e a nacionalizaçom da pornográfia!

Os barrotes ceden. O patriota colócaos no chan e guinda pola xanela unha corda feita con sabas anudadas. Os pequenos Monchos Reboiras parecen sorir baixo a luz da única bombilla de 20w. Ugío descólgase con pericia e bota a correr.

U.C. (falando entre dentes)- Ja está feito. Cun temerario chimpo ninja, serei quen de superar o muro exterior sen advertire ós gardas. ¡CASE PODO CHEIRAR O AR DA MINHA PATRIA!

Efectivamente, chimpa e supera o muro sen problemas, berrando: “¡Ceive, ceive!”. O problema é que aterriza sobre o superintendente da prisión, que estaba no patio a botar un pitillo, agora que a lei lle prohíbe fumar no despacho.

Superintentende Vicente.- ¡Socorro, socorro! ¡Violación!
U.C.- ¿Ein? Mais iste é o patio dos gardas ¡PELA MOMIA DE CASTELAO! Limei a janela que nom era…

Chegan un montón de honrados funcionarios e danlle unha paliza a Ugío. O patriota terá tres meses de illamento para planear ben a súa próxima fuga. Fontes próximas aseguran que podería empregar unha frauta de faquir para poñer tesa unha corda. Como medida preventiva, as autoridades do penal cacereño retiraron da biblioteca este libro, non sexa que máis presos vaian coller ideas.



0 comentarios: