O BNG ALIMENTA A SUA JUDEOFÓBIA






Estám que se saim. Os do Bloque cargam-se de "argumentos" em todos os meios de comunicação galegos ao seu dispôr -que são todos- segundo se avizinha o momento de negar-se, uma vez mais, a condear a barbárie názi no Parlamento de Galiza com motivo da comemoração da Shoa.


A título ilustrativo, reproduzimos este textículo surprendidos pelo facto de que, em tão reduzido espaço, seja possível reunir tamanhe sarta de mentiras, ódio, incoerências e barbaridades.


O panfleto perpetrou-no no semanário do BNG Lois Diéguez, um dos que conformara parte da primeira terna de representantes que a força názi galega (daquela BNPG) teve no Parlamento Autonômico galego.


Como não podia ser doutra maneira é também membro da AELG.







EXTERMINIO

Palestina non existe no mapa. Cando o consultamos só vemos Israel e dúas manchiñas a tremer, afastadas. Desde 1948 principalmente, os xudeus chegados de moitas partes do mundo comezaron unha guerra continuada contra os palestinos para quedárselles coas terras. Con roubos, asasinatos en masa, deportacións, negación teimuda a aceptar un Estado aínda sen recoñecer. Por iso Palestina non existe para o sionismo, o maior desestabilizador de Oriente Medio. Este si que non se anda con coñas. Asasina cobardemente os heroes populares que tratan de se defender co único que teñen: tirapedras e foguetes. Os últimos feitos dos sionistas foi arremedar mediante a construción dun muro de cemento o illamento e a morte que eles sufriron nas alambradas de Aswich. Que ironía. A Europa acomplexada polo exterminio decretado sobre os xudeus por un nazi, admite agora que os descendentes das vítimas de antes imiten ao monstro que rematou con varios millóns dos seus antepasados. Cantas Ana Frank aparecen cada día nos territorios palestinos aterrorizados por estes xa vellos asasinos? Pero agora non as recoñecemos porque non son xudías: son palestinas, e pobres, sen padriños. Que moral lle pode quedar aos gobernos occidentais que non son quen de rematar nunha hora co exterminio que o Estado sionista exerce cada minuto da nosa vida? Alguén pode crer aínda en Obama, frío e pasivo ante un panorama que o Estado que vai gobernar axudou a crear? Bastaría con que a Unión Europea rompese as relacións económicas con Israel (quen lle vende as armas?), para que a máquina do terror desaparecese nun súpeto. Por que non embarga xa? Quizabes porque sabe que despois da barbarie destes días negros, o dominio sionista quedará permanentemente establecido. E isto, señor Moratinos, señor Zapatero, caerá tamén sobre as súas conciencias, se é que lles queda algo diso. Os mortos de oriente, dese sur do mundo negro, do norte esquecido, non nos doen. E para lavar as nosas conciencias, poñémolos nas listaxes do terrorismo escritas precisamente por quen o practica. Por iso lembro agora a Mahmud Darwish, o poeta palestino que morreu sen ver a súa Terra liberada: "Escrebe/no comezo da/primeira páxina/que non aborrezo a ninguèn,/nen a ninguén roubo nada./Mais, que se teño fame,/devorarei a carne de quen a min me roube./Coidado, pois!../Coidado coa miña fame,/e coa miña ira!"


(Publicado em "A Nosa Terra", 15 de Janeiro de 2009)

1 comentarios:

O dramático é que esta xente estea no goberno.

18/01/09, 02:14