O BNG reclama no Parlamento a suspensión das relacións diplomáticas e económicas co estado de Israel
O grupo parlamentar nacionalista rexistra unha proposición non de lei na que condena a “blocaxe criminal á que o estado de Israel está a someter a franxa de Gaza”
Santiago de Compostela, 30 Decembro 08.- O grupo parlamentar do BNG vén de rexistrar unha proposición non de lei na que denuncia os feitos acontecidos na franxa de Gaza nos últimos días.
Tal e como indican, os bombradeos “indiscriminados” do exérxito israelí xa ocasionaron máis de 300 mortos e 1.000 feridos. Cifras que veñen sumarse aos máis de 5.000 palestinos/as mortos dende o inicio da segunda intifada.
Este ataque militar, cualificado polos deputados e deputadas nacionalistas como “verdadeiro crime de guerra” supón o “colofón da blocaxe perpetrada polo Estado de Israel contra o pobo de Gaza”.
A iniciativa recolle a proposta dunha condena por parte do Parlamento de Galiza á “agresión militar sionista, reclamando a fin de calquera operación militar e da blocaxe criminal á que o estado de Israel está a someter á franxa de Gaza”.
Nun segundo ponto a proposición non de lei insta á Xunta a demandar do Goberno do Estado que “suspenda as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel até que non se poña fin á agresión militar e á blocaxe contra a franxe de Gaza, que paralice calquera cooperación militar con Israel e que inste ao cumprimento das resolucións da ONU relativas á retirada israelí dos territorios ocupados”.
O grupo parlamentar do BNG quer tamén que se promove “no marco das Nacións Unidas, o envío inmediato dunha misión de observación e interposición co fin de garantir a fin do ataque e da blocaxe”.
[Fonte: BNG-Galiza.org]
Etiquetas: BNG
Lucas P. disse...
seu doente fascista
02/01/09, 03:24